Detalle Constructivo:Piedra con revoco de cal por las dos caras

De bioconstrupedia.org
Saltar a: navegación, buscar

Descrición do cerramento.

Cerramento vertical, composto por muro existente de pedra de 65 cm de espesor, composto por dúas follas de cachotaría de granito recheas cunha mestura de barro e pedra miúda, con recebo exterior e interior con morteiro de cal con virutas de cortiza de 4 cm cada cara.

Definición dos materiais

  • Capa 1: Recebo de morteiro de cal con viruta de cortiza de 4 cm de espesor.
  • Capa 2: Folla existente de cachotaría de granito de espesor medio de 20 cm.
  • Capa 3: Recheo existente de barro e pedra miúda de espesor medio de 25 cm.
  • Capa 4: Folla existente de cachotaría de granito de espesor medio de 20 cm.
  • Capa 5: Recebo de morteiro de cal con viruta de cortiza de 4 cm de espesor.
Botón descarga rojizo.png
Descargar archivo: